Actividade 31: Algúns conceptos básicos da bioloxía.
Antes de abordar a orixe e evolución dos seres vivos tedes que familiarizarvos con algúns conceptos básicos. Nesta entrada faredes un dicionario básico de bioloxía.
Evitade copiar e pegar pois tedes que atopar definicións sinxelas, curtas e que vos permitan entendelas e estudalas ... lembrade que faremos un exame.
As palabras a buscar son:
Especie: A especie é o grupo de organismos que poden reproducirse e producir descendencia fértil. En xeral, os individuos dunha especie son recoñecidos porque son similares en forma e función. Non obstante, moitas veces os individuos dunha especie son moi diferentes.
Evolución: Cambio ou transformación gradual de algo, como un estado, unha circunstancia, unha situación, algunhas ideas, etc.
Adaptación: Refírese ás características morfolóxicas, anatómicas, fisiolóxicas, bioquímicas e de comportamento do animal que lle proporcionan benestar e favorecen a súa supervivencia nun medio determinado.
Ecoloxía: Parte da bioloxía que estuda as relacións dos seres vivos entre si e co medio no que viven.
Biotopo: Animal ou planta que, pola perfección dos seus caracteres, pode ser considerado como un tipo representativo da súa especie, variedade ou raza.
Biocesose: Conxunto de organismos, vexetais ou animais, que viven e se reproducen en determinadas condicións dun medio ou biótopo.
Célula: Unidade anatómica fundamental de todos os organismos vivos, xeralmente microscópicas, formada por citoplasma, un ou máis núcleos e unha membrana circundante.
Procariota: Organismo que non ten un núcleo celular diferenciado por unha membrana.
"células procariotas".
Eucariota: Célula que ten un núcleo diferenciado por unha membrana.
Organismo: Individuo singular e diferenciado, composto por un conxunto de materia orgánica xerárquica e especializada.
Comentarios
Publicar un comentario