Actividades 26: A xeosfera.
Rematamos a Unidade 2 estudando a Xeosfera. Xa vimos anteriormente cun certo detalle a súa subcapa máis superficial, a Litosfera, pero agora imos, "literalmente" a profundizar cara ao centro da Terra. 1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades? Os métodos directos permítennos observar directamente a estrutura e as propiedades da Terra. Loxicamente, podemos facelo facilmente nas rochas que forman a superficie terrestre. Pero tamén podemos saber como é o interior da Terra a través de: Sondaxes e minas. A sondaxe máis profunda que se fixo foi realizada pola URSS e acadou unha profundidade de 12.262 metros, unha distancia moi pequena se a comparamos cos 6.371 km de profundidade que ten a Terra. Erupcións volcánicas. Expulzan materiais do interior da Terra que son expulsados co magma. Erosión. A erosión deixa ao descuberto as rochas formadas a maiores profundidades. Nós mesmos podemos imaxinar como é o interior da c...
Ten erros pero vale.
ResponderEliminar