Actividade 17: A formación da Terra e da Lúa.
1. Cal foi o proceso polo que se iniciou a formación da Terra?
A Terra formouse pola colisión e fusión de fragmentos de rochas máis pequenas, chamados planetesimais.
2. Como se formou a Lúa?
Thea, un dos primeiros protoplanetas do tamaño de Marte, alcanzou a Terra de tal xeito que expulsou unha cantidade considerable de material lonxe da Terra. Unha parte destes expulsados escapou ao espazo, pero o resto consolidouse nun único corpo esférico en órbita arredor da Terra, creando a Lúa.
3. De onde procede a auga que hai na Terra?
Toda a auga do sistema solar remóntase á xigantesca nube primordial de gas e po que, hai uns 4.500 millóns de anos, sucumbiu polo seu propio peso e orixinou o Sol e os planetas. Era abundante en hidróxeno e osíxeno, os dous elementos que forman a molécula de auga.
3. Mal, hai que contestar referido á Terra.
ResponderEliminar