Actividade 27: Wegener.

Un dos máis destacados científicos neste campo foi Alfred Wegener quen contribuiu de xeito salientable a coñecer a dinámica do que moito máis tarde se chamarían placas.

 Alfred Wegener - Wikipedia, la enciclopedia libre

Na unidades 2 imos a estudar a Terra en profundidade. 

1. Que descubriu Wegener?

A teoría da deriva continental xurdiu grazas ao xeofísico e meteorólogo alemán Alfred Wegener, que estudou as diferentes propiedades da atmosfera e pasou a súa vida observando a Terra para coñecer como se creou e cal foi a orixe do mundo.

A súa teoría máis famosa foi desenvolvida dende 1912 mediante un modo de observación empírica.Esta teoría de Wegener sobre a deriva continental falaba do desprazamento das masas continentais entre si.

A teoría propúxose a partir da forma que parecen ter os continentes a ambos os dous lados do Atlántico e o seu perfecto axuste segundo as observacións do propio científico. Esta observación levouno a especular sobre a disposición dos continentes actuais pensando que, hai miles de millóns de anos, só existiría un continente e a terra do planeta estaba unida nun territorio chamado Panxea.

2. Que probas aportou para xustificar a súa teoría?

 Para levar a cabo a súa teoría, o alemán reuniu todas as probas posibles nunha tese que viña a dicir que os continentes se mantiveron en continuo movemento durante todos os anos da historia do mundo.

A través de varias disciplinas, conseguiu crear a súa famosa teoría. Estas probas que utilizou foron:

Xeográficos: sospeitaba que os continentes estiveran unidos no pasado ao ver as formas das costas, sobre todo en Sudamérica e África.

Xeolóxico: reuniu os continentes en Panxea e descubriu que existían cadeas montañosas da mesma idade e clase de rochas en continentes diferentes, polo que, segundo Wegener, estiveran unidas.

Paleoclimático: debuxando mapas con climas antigos e a súa conclusión foi que estes serían inexplicables coa disposición actual dos continentes.

Paleontolóxico: en distintos continentes descubriu fósiles da mesma especie, como réptiles ou plantas, incapaces de atravesar os océanos que existen na actualidade.

3. Como morreu Wegener?ç

Foi ferido  no frente de Bélxica en 1914.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades 26: A xeosfera.

Actividade 29: Qué é a vida?

Actividade 31: Algúns conceptos básicos da bioloxía.