Actividade 28: A Terra é a vida.
Esta actividade sírvenos de "ponte" entre a unidade anterior, O planeta Terra, e a seguinte.
Ata o momento so temos atopado vida na Terra. Sempre se explicou isto argumentando que o noso planeta ten unhas condicións únicas para que a vida xurdira, evolucionara e diversificara.
1. Tes que facer un pequeno informe (entre 15 e 20 liñas) explicando cales son esas condicións únicas.
Na Terra, hai uns 4.000 millóns de anos, producíronse unhas condicións particulares que fixeron posible a vida. A partir de compostos orgánicos sinxelos, como algas ou bacterias; a organismos pluricelulares, como animais e plantas que apareceron hai só 570 millóns de anos. A Terra deu vida a todos os organismos vivos que nos rodean grazas ás súas condicións.
A auga é esencial para desenvolver e manter a vida. Nel realízanse todas as reaccións químicas do metabolismo dos seres vivos, e é a base de todos os organismos vivos coñecidos. Este elemento é necesario para hidratar, limpar, regular o clima, aportar enerxía e mesmo vivir na casa. Un composto esencial para que exista calquera tipo de vida.
A distancia precisa entre a Terra e o Sol, 150 millóns de quilómetros, fai que as condicións de temperatura e luz sexan idóneas para a vida.
Por unha banda, o paso da luz solar é vital para os seres vivos, como as plantas, que o precisan para realizar a fotosíntese, proceso polo cal estes seres converten o C02 en O2, sen a existencia da luz solar, as Plantas non existirían, e sen eles, tampouco os animais.
A temperatura media da Terra dá lugar á existencia de estacións e cambios climáticos, que á súa vez permiten a presenza de moitos ecosistemas que dan vida a moitas especies.
Facilita a existencia de auga líquida, elemento ineludible para a vida. Sen a enerxía solar, a auga non cambiaría de estado e probablemente permanecería sólida, polo que os seres vivos non poderían sobrevivir.
O planeta azul ten unha estrutura interna que se estende desde o interior da Terra, o núcleo interno, ata o seu límite onde choca co vento solar. Esta estrutura forxa un campo magnético ou barreira esencial para protexer os organismos vivos da radiación solar na superficie, polo que a súa función principal céntrase en manter o equilibrio do planeta fronte aos raios solares que inciden na Terra.
Se este campo non existise, a vida non podería desenvolverse porque protéxenos da radiación solar nociva actuando como filtro ou barreira, moitas aves realizan migracións guiadas por ela, determinados animais localízanse grazas a el, i é esencial para o crecemento das plantas.
Outras características do planeta Terra que fan posible a vida son as dimensións ou tamaño do planeta e que exista atmosfera.
Ademais, a atmosfera podería definirse como unha capa protectora que nos proporciona os elementos necesarios para a vida, como o osíxeno, e que ao mesmo tempo nos protexe de cousas nocivas. Así, esta capa permite que a enerxía da luz solar penetre no noso planeta para dar lugar á vida ao tempo que nos protexe das radiacións nocivas, como a radiación ultravioleta, a radiación gamma ou os raios X.
Os compoñentes da Terra que son resultado directo do resto de condicións que favorecen a vida na Terra, permiten a existencia das biomoléculas que conforman os organismos vivos.
A combinación dos elementos químicos de nitróxeno, carbono, osíxeno e hidróxeno, xunto con outros en menor cantidade tamén da Terra, fan posible a vida.
Comentarios
Publicar un comentario