Actividade 34: As formas acelulares.

 1.  Que son? 

As formas acelulares: virus, viroides e prións teñen características comúns: Están formadas por macromoléculas orgánicas propias dos seres vivos. Son capaces de facer copias de si mesmos, non directamente, senón utilizando os recursos das células vivas que parasitan.

2. Que tipos hai? 

VIRUS: Teñen un só tipo de ácido nucleico (ADN ou ARN), unha cápside proteica e, algúns, unha envoltura membranosa. Exemplos de virus, VIH, gripe, etc.

VIROIDES: Son os axentes patóxenos máis pequenos, formados só por ARN circular monocatenario sen cápside. Por exemplo, o viroide do tubérculo fuso da pataca e os viroides causantes de enfermidades como a exocortis nos cítricos ou o cadang-cadang no coco.

PRIÓNS: formados por unha soa proteína, como o prión que causa a enfermidade de Creutzfeldt-Jacob.

3. Son seres vivos ou non? Razoa a resposta.

Non se alimentan (non necesitan materia nin enerxía para o seu metabolismo) nin están relacionados con outros virus nin co medio. Polo tanto, non se consideran seres vivos e non pertencen a ningún Reino.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades 26: A xeosfera.

Actividade 29: Qué é a vida?

Actividade 31: Algúns conceptos básicos da bioloxía.