Actividade 46: As primeiras civilizacións.
Seguindo ca presentación da Historia da mediciña, pasamos a estudar as primeiras civilizacións. Procurade información sobre:
- Indica algúns dos escritos das antigas civilizacións de Medio oriente, China, India, Exipto etc. que traten sobre temas relacionados ca saúde a a mediciña.
En Exipto, o tratamento farmacolóxico conviviu sen estridencias co rito e a oración máxica, complementándose mutuamente. Así o vemos nalgunhas receitas médicas, como un remedio do papiro de Ebers que contén un encantamento para eliminar o “exceso de auga nos ollos”.
No ano 1.000 a.C. Xa existía en China un corpo de médicos que seguían métodos para o tratamento de enfermidades. No século V a.C., escribiuse o Canon de Medicina Interna, describindo numerosas enfermidades, o seu diagnóstico e tratamento. Durante os séculos seguintes o seu desenvolvemento foi rápido, con numerosos médicos famosos aparecendo por todo o país. Son 14 os tratados médicos daquela época que aínda hoxe se conservan.
India. As catro vedasamhitas (Rg Veda, Sama Veda, Yajur Veda e Atharva Veda), "coleccións" ou "compilacións" de coñecemento conteñen unha nomenclatura anatómica moi copiosa e secrecións e partes do corpo humano, en máis de trescentas palabras.
No Atharva Veda identifícanse e clasifícanse as febres intermitentes, distinguindo a diaria das tercianas, as cuartas, as continuas, as outonais e as estivais, así como a febre da estación chuviosa e outras..
Comentarios
Publicar un comentario