Actividade 47: Os primeiros médicos.
No campo da mediciña, como en tantos outros da antigúedade, destacaron os gregos.
Tedes que facer unha entrada describindo brevemente a vida e as aportacións médicas de Galeno e Hipócrates.Galeno.
Médico e filósofo grego. O pensamento de Galeno exerceu unha profunda influencia na medicina practicada no Imperio Bizantino, que posteriormente se estendeu a Oriente Próximo para rematar chegando a Europa medieval, onde sobreviviu ata ben entrado o século XVII.
-Describe as válvulas do corazón.
- Describiu diversas enfermidades infecciosas (como a peste dos anos 165-170) e a súa propagación.
- Os métodos de conservación e preparación dos fármacos, base da actual farmacia galénica.
Hipócrates, médico grego. Segundo a tradición, descendía dunha liñaxe de magos da illa de Cos e estaba directamente relacionado con Esculapio, o deus grego da medicina. Contemporáneo de Sócrates e Platón, este último cítao en diversas ocasións nas súas obras. Ao parecer, durante a súa mocidade Hipócrates visitou Exipto, onde coñeceu os traballos médicos que a tradición atribúe a Imhotep.
Foi o primeiro en describir unha serie de enfermidades, clasificándoas en agudas, crónicas, endémicas e epidémicas. Elaborou protocolos de conduta médica nos que prescribía unha limpeza estrita tanto para o paciente como para o médico, e deseñou métodos de observación e diagnóstico.
Comentarios
Publicar un comentario