Actividade 48: Diagnose e tratamento.
Define: diagnóstico, medicamento, ciruxía, patentes (dos medicamentos) e transplante (de órganos), principio activo.
Diagnóstico: O proceso no que se identifica unha enfermidade, infección ou lesión polos seus signos e síntomas.
Medicamento: Substancia utilizada para curar ou previr unha enfermidade, para reducir os seus efectos no organismo ou para aliviar a dor física.
Ciruxía: Parte da medicina que se ocupa de curar enfermidades, malformacións, lesións, etc., mediante operacións manuais ou instrumentais.
Patentes: Son un conxunto de dereitos outorgados por un Estado ao inventor dun novo produto ou tecnoloxía farmacéutica para explotar exclusivamente a invención patentada, impedindo que outros a fabriquen, vendan ou utilicen sen o consentimento do propietario.
Transplante: Un transplante consiste en substituír un órgano ou tecido enfermo por outro que funcione correctamente. Hoxe é unha técnica médica moi desenvolvida que consegue magníficos resultados para os receptores. Porén, require necesariamente a existencia de doadores.
Principio activo: É o ingrediente principal dun medicamento, responsable do efecto desexado. Algúns medicamentos conteñen máis dunha substancia activa que funciona de diferentes xeitos no corpo.
Comentarios
Publicar un comentario