Actividade 49: Coronavirus

 A primeira tarefa relacionada coa enfermidade non pode ser outra que a relacionada co COVID e outras enfermidades víricas.


Tedes ques facer un informe (15-20 liñas) que inclúa como mínimo:

- Que son os virus?
- Que é un coronavirus? cantos tipos hai?
- Como se contaxía?
- Como ataca ao organismo?
- Medidas de prevención.

En mediciña, un virus é un microorganismo moi sinxelo que infecta as células e pode causar enfermidades. Dado que os virus só poden multiplicarse dentro dunha célula infectada, enténdese que non teñen vida propia.
A enfermidade do coronavirus é unha enfermidade infecciosa causada polo virus SARS-CoV2.
A maioría das persoas infectadas co virus experimentarán enfermidades respiratorias leves e moderadas e recuperaranse sen necesidade de tratamento especial. Non obstante, algúns enfermarán gravemente e necesitarán atención médica. As persoas maiores e aquelas con enfermidades cardiovasculares, diabetes, enfermidades respiratorias crónicas ou cáncro, teñen máis probabilidades de desenvolver enfermidades graves. Calquera persoa, de calquera idade, pode contraer o COVIF-19 e enfermar gravemente ou morrer.

Acrtualmente sábese que sete tipos de coronavirus infectan humanos, catro deles (HCoV-229E, HCoV-OC43, HCoV-NL63 e HCoV-HKU1) son moi comúns e algúns deles están presentes no resfriado común xunto con outros axentes patóxenos, como os rinovirus, polo que se estima que unha proporción moi elevada da poboación desenvolveu defensas contra eles, sendo maioritariamente inmunizada.

O COVID-19 prodúcese cando unha persoa infectada exhala gotículas e partículas respiratorias moi pequenas que conteñen o virus. Estas gotas e partículas respiratorias poden ser inhaladas por outras persoas ou depositadas nos seus ollos, nariz ou boca.

Ademais das prácticas básicas de saúde e hixiene, como o lavado de mans, os CDC recomendan certas medidas de prevención en todos os niveis de COVID-19 na comunidade, incluíndo:

-Manterse ao día das vacinas contra o COVID-19.
-Mellorar a ventilación.
-Facer unha proba de COVID-19 se é necesario.

As recomendacións sobre que facer se estivo exposto ao virus:

-Quedarse na casa se sospeitaches ou confirmaches a COVID-19.
-Buscar tratamento se tes COVID-19 e corres un alto risco de padecer unha enfermidade grave.
-Evitar o contacto con persoas que teñan sospeitoso ou confirmado o COVID-19.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades 26: A xeosfera.

Actividade 29: Qué é a vida?

Actividade 31: Algúns conceptos básicos da bioloxía.