Actividade 51: A mediciña nos séculos XVII-XIX

 John Snow (1813-1858) foi un médico inglés, considerado o pai da epidemioloxía moderna. Realizou o seguinte descubrimento: descubriu que os brotes de cólera que xurdiron en Londres en 1854 se debían á contaminación das augas da cidade con materia fecal.O cólera é unha enfermidade altamente infecciosa, transmitida pola vía fecal ou oral.



Maria Salomea Sklodowska-Curie, nsceu en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e morreu en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa especializada en radioactividade.

Ademais, foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel. En 1903 concedéronlle o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos elementos radioactivos e en 1911 lle otorgaron un segundo Nobel, o de Química, polas súas investigacións sobre o radio e os seús compostos. Foi a primeira muller en ocupar un posto de profesora na Universidade de París. Empregando técnicas pezoeléctricas inventadas polo seu marido, mediu a radiación en pechblenda, un mineral que contén uranio. Cando observou que estes eran máis intensos que os do elemento, deuse conta de que tiña que haber outros materiais descoñecidos, tamén radioactivos.



Rosalind Franklin, naceu en Londres o 25 de xullo de 1920 e morreu na mesma cidade o 16 de abril de 1958, foi unha bióloga inglesa. O seu recoñecemento está relacionado coa súa faceta como química e cristalógrafa. O seu traballo foi fundamental para comprender as estruturas moleculares do ADN, ARN, virus, carbono e grafito. Aínda que o seu traballo sobre carbono e virus foi recoñecido durante a súa vida, a súa contribuición ao descubrimento do ADN pasou desapercibido. Grazas aos raios X puido obter imaxes do ADN (imaxe 3). Ademais, a súa investigación foi clave para o modelo de Watson e Crick da dobre hélice de ADN en 1953.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades 26: A xeosfera.

Actividade 29: Qué é a vida?

Actividade 31: Algúns conceptos básicos da bioloxía.