Actividade 58: As células nai.

Nas anteriores  entradas comentamos algúns aspectos básicos do ADN e da información xenética. En todas as células do corpo (excepto nas sexuais) e contido nos seus núcleos está a toda a información xenética dese organismo. Pero, nun organismo pluricelular hai moitos tipos de células con características propias. Como se poden formar estas células? 

Na páxina recursos está o vídeo titulado células nai (3:42) Logo de miralo facede unha entrada contestando:


- Como se chama a técnica empregada? 

Fecundación in vitro.


- Que quere dicir que "os espermatozoide e os óvulos son células especializadas"? 

Que están feitas concretamente para dar lugar a un novo individuo.


- Que son os cromosomas? 

Os cromosomas son estruturas que se atopan no centro (núcleo) das células que levan anacos longos de ADN. O ADN é o material que contén xenes e é o bloque de construción do corpo humano. Os cromosomas tamén conteñen proteínas que axudan a que o ADN exista na forma adecuada.


- E un blastocisto?  

Un blastocisto é un embrión de 5/6 días de desenvolvemento que presenta unha estrutura celular complexa formada por aproximadamente 200 células. A fase de blastocisto é a etapa de desenvolvemento anterior á implantación do embrión no útero materno.


- Por que son tan importantes as células nai? 

As células nai producen glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas. Necesitamos todos estes tipos de células sanguíneas para manternos vivos. Para que estas células sanguíneas fagan o seu traballo, necesitamos ter suficientes delas no noso sangue.


- Que grave problema médico poden resolver estas células?

 A infertilización dun dos proxenitores.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades 26: A xeosfera.

Actividade 29: Qué é a vida?

Actividade 31: Algúns conceptos básicos da bioloxía.