Actividade 48: Diagnose e tratamento.
Define: diagnóstico, medicamento, ciruxía, patentes (dos medicamentos) e transplante (de órganos), principio activo. Diagnóstico: O proceso no que se identifica unha enfermidade, infección ou lesión polos seus signos e síntomas. Medicamento: Substancia utilizada para curar ou previr unha enfermidade, para reducir os seus efectos no organismo ou para aliviar a dor física. Ciruxía: Parte da medicina que se ocupa de curar enfermidades, malformacións, lesións, etc., mediante operacións manuais ou instrumentais. Patentes: Son un conxunto de dereitos outorgados por un Estado ao inventor dun novo produto ou tecnoloxía farmacéutica para explotar exclusivamente a invención patentada, impedindo que outros a fabriquen, vendan ou utilicen sen o consentimento do propietario. Transplante: Un transplante consiste en substituír un órgano ou tecido enfermo por outro que funcione correctamente. Hoxe é unha técnica médica moi desenvolvida que consegue magníficos resultados para os receptores. Porén,...